ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha centena de integrantes de A Mesa pola Normalización Lingüística, o sindicato CIG-Ensino, Galiza Nova, os CAF e a CNT concentráronse esta mañá a partir das 10:30 horas fronte ao Parlamento de Galicia en defensa do decreto que regula o 50 por cento de materias impartidas en galego no ensino. Un acto de protesta que coincidiu coa constitución da Cámara galega.
O responsable de A Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, recordou hoxe que a obriga dos deputados do Parlamento é promover a lingua como "sinalan os acordos unánimes aprobados na Cámara", como a lei de normalización ou o plan xeral . Así defendeu o lema da pancarta da súa organización, 'Polo dereito a vivirmos en galego', ademáis de aclarar que o galego "non prexudica a ninguén" e advertir a Feijóo que "non ceda a impoñer unilateralmente medidas" na lingua. Por parte da CIG-Ensino, Anxo Louzao, considerou "lamentable” que unha das primeiras medidas do Goberno no PP sexa a derogación do decreto do galego xa que, na súa opinión, "o galego non ten o mesmo tratamento que o español". Por outro lado, o líder da UPG, Francisco Rodríguez, fixo un chamamento ao "o inicio da mobilización da sociedade galega” para "impedir que a política lingüística retroceda". Precisamente, lamentou que o galego se atopa nunha "situación moi dramática", e incidiu nunha "continua marea social" para "non tolerar que os dereitos lingüísticos dun pobo sexan destruídos”.