ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A pouco de rematar o mes de xullo comeza a temporada alta para a hostalería. Gran parte da afluencia de xente que pisa a comarca de Ferrolterra faino logo das festas do Apóstolo. A crise económica, unha realidade en toda Galicia, fai diminuír o número de turistas nestas datas tan importantes para o sector hostaleiro.
Dende que o ano pasado rematara a temporada de verán, o balance é negativo, tal como explica a xerente da Asociación de Empresarios de Ferrol e Comarca, María Luísa Barro, as previsións diminuiron en ata un 10%. A isto contribúe tamén o mal tempo que nos leva acompañando durante todo o mes de xullo.
O punto positivo o atopamos nas previsións feitas para este próximo mes de agosto. Agárdase ata un 90% de ocupación. Moitos visitantes, que disfrutarán dos rincóns máis atractivos da comarca de Ferrol, como o Castelo de San Andrés, a zona de Ferrol Vello, o Ferrol da Ilustración, o castelo de San Felipe ou as praias de Valdoviño.