O BNG de Fene solicita unha xuntanza da comunidade escolar do concello

O BNG de Fene solicita unha xuntanza da comunidade escolar do concello

05 de Setembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os nacionalistas feneses veñen de rexistrar unha solicitude ao alcalde, Gumersindo Galego, para que convoque aos representantes da comunidade educativa. No BNG laiánse que ,a pesar de ter celebrado un pleno extraordinario para tratar estes problemas no ensino a mediados de xuño, o rexedor popular sigue sen novas da Consellería de Educación que nas súas propias verbas “non lle collen nin o telefono”.

"Agora co inicio do curso vai quedar patente por un lado que Fene perde oferta nos ciclos formativos, pasando de ter un centro de referencia de fóra a ESO o Bacharelato e algún ciclo medio de FP", subliñan dende a formación nacionalista.

Para o portavoz nacionalista no concello, Manuel Polo “é urxente verse para tomar medidas conxuntas que melloren a actual situación”. Ademais dende o BNG queren coñecer cal vai ser a previsión de colaboración do concello en materia de comedores escolares e actividades extraescolares.

Institucional