ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, recibirá mañán mércores ao conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, quen participará no Pazo Municipal nunha reunión co Comité de Empresa de Navantia co obxectivo de analizar o proxecto do dique flotante. O titular do goberno autonómico tamén se entrevistará previamente cos voceiros dos grupos políticos con representación na corporaci&oac
O rexedor ferrolán enmarca este encontro na necesidade de facer un fronte común na comarca en defensa do sector naval e tras a petición unánime de partidos políticos, sindicatos, empresarios e colexios profesionais de demandar un dique flotante, unha infraestrutura cuxa construción paliaría a actual falla de carga de traballo dos estaleiros da ría e que é clave para potenciar a área de reparacións da compañía naval.
Neste contexto, Jose Manuel Rey reiterou a súa invitación a Dirección de Navantia a que participe neste encontro, e, até en dúas ocasións, instou ao conselleiro delegado da compañía, Luís Cacho, a que reconsidere a súa negativa a asistir ó encontro que mañá terá lugar en Ferrol. Jose Manuel Rey lembrou que a finalidade da reunión proposta entre Concello, Xunta e Navantia é a de traballar conxuntamente, goberne que goberne en Madrid e Santiago e sen electoralismos, para poñer de acordo as administracións nunha reivindicación común de toda a comarca como é a do dique flotante.
410.000 horas de traballo nos bloques do segundo destructor
Ocorre todo isto cando o o Astillero Fene-Ferrol comenzou ás 11 da mañán a construcción dos cinco bloques para o segundo Destructor ( Air Warfare Destroyer (AWD) da Marina Real Australiana. Comezouse nas instalacions de Aceiros de Ferrol co corte de chapa para o bloque número 109. Os cinco bloques que se construirán serán o 109, 103 e 101, que se realizarán nas instalacions de Ferrol, e os 107 e 105, que se farán nas instalacions de Fene. Ademáis e contratado con anterioridade para as tres unidades do destructor, también se construe o bloque 603 da zona do domo do buque.
Agárdase que o contrato para a execución destes cinco bloques, autorizado polo Gobierno Australiano o pasado mes de maio, sexa firmado en breve, unha vez se acorde o alcance de todos os requisitos técnicos dos mesmos. A realización destes bloques suporá unha carga de traballo de 410.000 h.
Lembramos que Navantia gañou o contrato, asinado en 2007, para o deseño e asistencia técnica de tres AWD, baseados no proxecto de Fragata tipo F-105 da Armada Española, á vez que certos equipos e sistemas para eses buques.