ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Comité de empresa de Leyma Central Lechera S.A decidiu convocar unha folga para os días 31 de outubro e 7 de novembro. A folga, que se desenvolverá durante toda a xornada laboral, afectará as quendas de traballo. O seu obxectivo é instar á dirección da empresa a que se produza un cambio radical na súa actitude e se cumpra o pactado no Convenio colectivo.
Segundo fontes sindicais, “esta convocatoria ven precedida polos reiterados incumprimentos por parte de Jesús Lence, quen non fai máis que menguar os dereitos dos traballadores e traballadoras de Leyma”. Ditas fontes sinalan tamén que “Jesús Lence reduciu a plantilla da empresa Leyma á metade no tempo que leva ao fronte da mesma”.
Entre os motivos polos que se convoca a folga destaca a negativa da empresa a restablecer o servizo de bus, malia a ter unha sentenza na que se recoñece este servizo aos traballadores da empresa, así como, a decisión de non abonarlles a paga lineal que se viña cobrando no mes de setembro e a eliminación da festividade de San Isidro.
A destrución de emprego levada a cabo pola actual dirección da empresa e o trato vexatorio ao que Jesús Lence somete aos seus traballadores e traballadoras fan que o clima laboral que se vive dentro da empresa sexa insostible.
Os traballadores permanecerán concentrados diante da empresa, entre as 6 e as 10 da mañá, con pancartas durante as xornadas en que teña lugar a folga para reivindicar os seus dereitos.