ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A nosa gran escritora, Rosalía de Castro, foi a única capaz de lograr o acordo entre os grupos municipais de Fene- A Coruña- no pleno de onte que decidiu celebrar o 24 de Febreiro dun xeito especial; porque no resto dos asuntos os tres grupos da oposición foron por un lado e o PP polo outro. BNG, EU e PSOE asinaron conxuntamente as tres iniciativas que centraron o debate da sesión plenaria. Unha contra a Reforma Laboral, outra apoiando a Plataforma SOS sanidade p&uac
Entre os moitos argumentos que se deron no debate, saíu a colación o deterioro da atención no Centro de Saúde do Tarrío, froito dos recortes que impiden as sustitucións de médicos e amplian o tempo de espera dos pacientes. No capítulo de rogos e preguntas, sobresaen duas ou tres polo interés veciñal que probablemente despertan: a falta do turno de noite nas farmacias de Fene, do que carece dende hoxe; a falta aínda do suministro de auga na rua Patria galega de Barallobre porque, segundo o goberno local, aínda non se recepcionaron as beirarruas. Outra preocupación é tala excesiva e indiscriminada de árbores nas avenidas e ruas de Fene. Tanto o PSOE como o BNG demandaron a humanización da rua da Fraga.EUlevantou a lebre preguntando se se vai pechar o Centrod e Saúde do Pombal en Maniños cando se xubile o médico
Traballadora Social do Centro Sociocomunitario
Un representante dos usuarios-as do Centro social de Fene na Comisión Xestora, anuncióu onte no pleno municipal que van loitar porque se manteña a praza da traballadora social. Segundo informacións oficiosas das que dispoñen, esa praza estaría suprimida, por iso acuden á corporación municipal para que interceda diante deste novo problema. Os usuarios-as están dispostos a pecharse no centro ou a levar adiante outras medidas de presión porque a traballadora social é para eles unha persoa na que non poden prescindir. O mércores da semana que ven, o dia 7 de marzo está convocada unha asamblea xeral na que, de confirmarse a supresión da praza, xa se acordarían as primeiras accións. Segundo anunciou Manuel Caldevilla, están moi avanzados os traballos de remozamento das cociñas do centro que pronto poderán poñerse en funcionamento. En paralelo ás obras das cociñas, xa se licitaron os servicios de cafeteria e comedor e agora sí, 10 empresas se interesaron por facerse cargo da xestión. Elexirase en breve a máis ventaxosa.