ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene- A Coruña- súmase á conmemoración do “Día Solar Europeo” A Concellaría de Cultura e Deportes, coa colaboración con ASPANEPS e “Os Picos do Sol”, programa unha xornada para dar a coñecer os usos e potencialidades da enerxía solar. Será o mércores, 23 de maio, nas instalacións de ASPANEPS nos módulos de Perlío e dirixese ao alumnado de 6º de primaria. O primeir
Os participantes, un máximo de 35 alumnos/as por quenda, coñecerán, de maneira práctica, diversos usos da enerxía solar: as cociñas solares, montaxe de xoguetes con placas fotovoltaicas, escaletrix solar, triciclo eléctrico solar… e, para finalizar, farán unha chapa conmemorativa da xornada.(Desenvolverase en dúas quendas, de 11:30 a 12:30 e de 12:30 a 13:30 h)
Os centros que desexen participar nesta xornada deberán confirmalo con anterioridade ao 21 de maio, cubríndose as quendas por orde de confirmación.
O Día Solar Europeo é unha iniciativa enmarcada no programa Intelligent Europe, da Comisión Europea, que coordina a Federación Europea da Industria Solar Térmica, ESTIF, en colaboración con EPIA.
O primeiro Día Solar conmemorouse en Austria en 2002. A idea estendeuse a Suecia e Alemaña e foi medrando co paso dos anos, chegando á maioría dos países europeos. O obxectivo que se persigue con estas actividades é dar a coñecer a enerxía solar para, deste xeito, estimular a conciencia pública sobre a importancia do seu uso e os seus beneficios.