ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os actos das Letras Galegas no CPS Liga de Amigos de Barallobre (Fene A Coruña) pecharánse este domingo co grupo de baile e as cantareiras da sociedade ás sete da tarde. Tamén clausuran unha exposición de traballos de xoiería, ganchillo, punto canario e bolillos. Onte sábado actuaron en Barallobre a rondalla Estrelecer e máis o grupo de teatro Pérez Parallé escenificou a obra A Subela.
A Subela é un instrumento aguzado de metal, con mango de madeira, que se usa para furar coiro, goma, etcétera. Segundo o diccionario, o zapateiro utiliza a subela para facer os furados por onde despois ten que pasar o fio de coser. “A Subela” tamén é unha obra escrita por Xosé María Pérez Parallé, como unha sucesión de paroladas pícaras e insinuantes, que mantén Prácido o zapateiro, coas clientas e veciñas. O grupo dirixido por Carlos Basoa escenifica con gran economía de medios, o texto de Parallé. Concedeselle protagonismo as conversas, cunha moi correcta interpretación de Tatiana e Lucía Méndez, Mari López, Maria Cerrato, Elisa Naveiras e o propio Carlos Basoa, no papel do zapateiro.