ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A economía e o comercio de Fene sofrirá o recorte da paga extra aos empregados públicos, segundo os representantes do colectivo laboral. Os traballadores e traballadoras do concello de Fene concentraronse ás 10 desta mañá e durante media hora ás portas do traballo en protesta pola supresión da paga extra de Nadal. Funcionarios e laborais anunciaron esta semana que non organizarían este ano a tradicional cea de nadal, nin acudirán ao
Todas estas medidas son consecuencia, segundo os representantes laborais, da eliminación da paga extra por parte do goberno central pero critican que dende o goberno local de Fene non se fixera ningunha xestión en defensa dos traballadores e se buscara unha fórmula para recuperar ese diñeiro como fixeron outros concellos.
Os traballadores e traballadoras do concello de Fene deixan de percibir polo concepto da paga extra uns 120.000 € que seguro repercutirán negativamente na economía local. Juan Manuel Dobarro, representante de CCOO, afirmaba que será un nadal penoso. O paradóxico é que as pagas extra dos traballadores-as municipais foron parar ao banco e só no banco van repercutir , non noutras causas solidarias, en palabras do presidente do comité de empresa, Xesús Sánchez Cea.
Un pleno extraordinario despois do Nadal celebrará a corporación de Fene. O mércores 26 de decembro ás 9 da mañá reunirase para debater dous asuntos: o límite de gasto non financieiro para o 2013 e en segundo lugar o Plan de Obras e servicios da deputación da Coruña, correspondente ao ano 2013.