ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 60 persoas de toda a provincia da Coruña participarán este sábado, 20 de abril, na I Quedada Fotográfica Real Vila de Neda. A acción inclúese na programación de actos promovidos pola Administración local para conmemorar, neste 2013, o XXV aniversario da Festa do Pan.
O punto de partida dos fotógrafos –profesionais e afeccionados– será o adro da Igrexa de Santa María, zona de arranque da Ruta dos Muíños. Dende alí partirán ás 10 horas para retratar os extraordinarios recursos naturais e tamén arquitectónicos que garda a ruta. Os participantes descubrirán así o proceso de elaboración do pan e vivirán de preto un entorno inigualable, o que conforme ao seu paso o río Belelle. Concluirán a xornada nun dos muíños locais, onde poderán degustar productos típicos dos fornos de Neda.
Na organización do evento, o Concello conta coa colaboración do fotógrafo local Tomás Morado. Ao remate da Quedada, os fotógrafos poderán aportar dúas das imaxes da xornada e, de entre todas elas, o Concello elixirá os mellores traballos para configurar unha exposición na Casa das Palmeiras que Turismo fará coincidir en datas próximas á Festa do Pan, no mes de setembro.