ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Fene inclínase por manter o proxecto de construción da segunda escola infantil nos terreos do Carril en Barallobre. O proxecto inclue a demolición da vella escola e unha nova edificación. Un informe dos técnicos da Xunta respaldan esta opción. A alternativa de habilitar parte do Colexio Os Casais de Maniños apenas representaría un aforro de 100.000 euros segundo salienta o alcalde Gumersindo Galego.
No Carril acometeráse unha nova construción, con materiais de mellor calidade e unha distribución de dependencias especialmente enfocada para escola infantil. En Maniños a parcela ubícase nunha zona máis sombriza, afirma Galego.
O informe técnico da Consellería de Traballo e Benestar Social someteráse agora á consideración do conxunto da Corporación de Fene. Débense aprobar os Presupostos municipais e o derribo da vella escola do Carril podería iniciarse neste ano 2013, dado que a Xunta de Galicia xa consignou os orzamentos para o inicio das obras.