ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A igrexa de Perlío reedificouse en 1816, segundo consta no libro de fábrica da parróquia. Ese mesmo ano pagouselle ao mestre canteiro Francisco Rios por fechar un burato feito polos ladróns, e ao carpinteiro Manuel Couto pola construcción do faiado. Caseque 200 anos despois a igrexa volve lucir con todo o seu esplendor, presidida por un retábulo barroco restaurado pola licenciada en Belas Artes Olga Quintela.
Unha imaxe de San Bieito preside o retábulo da igrexa de Perlío. Olga Quintela encargouse de sanear e repoñer a policromía do altar, que podería proceder da igrexa do Couto, segundo todos os indicios. Pola factura, o retablo de estilo barroco realizouse no século XVIII, ainda que se descoñece con exactitude a data da súa construción e o nome do autor. Unha imaxe do San Estebo, outra da Virxe e un Neno Xesús tamén adornan unha peza de valor histórico e artístico. O retablo é barroco popular, segundo Quintela. A restauración do retábulo da igrexa de Perlío incluiu a renovación dos anclaxes, a eliminación da carcoma, limpeza e a reposición da policromía.