A salvo os tripulantes do pesqueiro Laberco

A salvo os tripulantes do pesqueiro Laberco

04 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Rescatados o catro tripulantes do pesqueiro Laberco, afundido ao oeste de Monte Louro (Carnota). Foron trasladados a Fisterra pola embarcación Salvamar Regulus. Un dos tripulantes presentaba unha crise de ansiedade e foi ingresado no Centro de Saúde de Fisterra.

O Centro de Salvamento Marítimo situado en Fisterra coordinou esta mañá o rescate dos 4 tripulantes do pesqueiro Laberco, de 11,92 metros de eslora, afundido na zona dos baixos de Meixidos, ao Oeste de Monte Louro (Carnota). A Salvamar Regulus desembarcounos en Finisterre e o patrón do pesqueiro foi trasladado por unha ambulancia ao Centro de Saúde xa que presentaba unha crise de ansiedade.

O pesqueiro Laberco, con porto basee en Finisterre, comunicou ás 10.04 horas a Salvamento Marítimo que se estaba afundindo e necesitaban asistencia. De inmediato, mobilizouse o dispositivo de rescate formado pola embarcación de intervención rápida Salvamar Regulus e o helicóptero Helimer 203. Simultaneamente, emitíronse avisos ás embarcacións próximas ao lugar da emerxencia.

O pesqueiro Mari Neves informou que estaba nas inmediacións e dirixiuse a asistir ao Laberco. Lanzoulle uns cabos para tentar mantelo á boia, pero ante o risco inminente de afundimento procedeu ao rescate dos 4 tripulantes. Posteriormente, foron trasbordados á Salvamar Regulus que os trasladou a Fisterra.

Institucional