O pensamento de Jesús García Calvo sobre a economía social recompílase nun libro

O pensamento de Jesús García Calvo sobre a economía social recompílase nun libro

07 de Outubro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

"Jesús García Calvo. Feiraco, un modelo cooperativo para o desenvolvemento rural galego" é o título da obra que supón o recoñecemento póstumo ao presidente de honra e fundador da Cooperativa, xerme do cooperativismo agrario de Galicia e referente actual do sector leiteiro nacional. O libro recolle, en preto de 400 páxinas, o pensamento de García Calvo sobre a concepción e medidas necesarias para o desenvolvement

De amplísima formación académica e profesional en ciencias sociais e humanísticas, Jesús García Calvo (1921-2011), foi licenciado en dereito e rexistrador da propiedade. Foi presidente do Consello Social da USC e de UTECO Coruña, pertenceu ao Consello de Administración de FINSA e da Caixa Rural Provincial da Coruña. Autor de numerosos artigos e conferencias sobre economía social, cooperativismo e desenvolvemento rural, foi tamén experto en políticas agrarias da Unión Europea e a súa opinión ten sido referente intelectual independente e crítico.

O seu fondo compromiso coa mellora da economía rural en Galicia levouno a dedicar boa parte da súa vida, de maneira altruista, a liderar a reconversión do agro galego, cambiando o seu individualismo e baixa produtividade por un modelo de cooperación eficaz. Case con 50 anos, Feiraco mantén viva a súa identidade cooperativa e lidera o sector leiteiro en Galicia, facendo oír a súa voz, presidindo e participando nas primeiras institucións, entidades e foros que en Galicia e España definen o modelo presente e futuro da economía social e do sector.

Sociedade