ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha avaliación inicialmente positiva realizan os representantes dos traballadores de Navantia e Barreras tras a obtención do contrato para construir nos estaleiros de Ferrol, Fene e Vigo, 2 buques - flotel. Solicitarán agora unha reunión coa dirección da empresa pública para coñecer os prazos da construción e o nivel de ocupación que xenerarán os barcos. Fontes oficiosas apuntan que a construción se prolongará por 30 meses
A subsidiaria da petroleira mexicana Pemex, PEP (Pemex Exploración e Produción), adxudicou a construción dos seus dous floteis aos estaleiros galegos Hijos de J.Barreras e Navantia-Ferrol.
A resolución do concurso, ao que as dúas empresas galegas concorreron en alianza con PMI --outra filial de Pemex-- coñeceuse pasadas as 20,00 horas deste martes, hora mexicana, as 3,00 horas do mércores en España.
O custo de construción é de 407 millóns de dólares cada unha das embarcacións (298 millóns de euros). O obxectivo das embarcacións é servir para aloxar os traballadores dedicados ao mantemento e construción de infraestrutura en zonas mariñas.
A empresa explicou que, tras a presentación das propostas técnicas e económicas, a oferta presentada por PMI Norteamérica S.A. de C.V. resultou gañadora en ambas as dúas partidas "co prezo máis baixo solvente", de entre as sete propostas que se seleccionaron para a última fase.
O proceso, engade Pemex nunha nota de prensa, foi "totalmente transparente e auditable" e realizouse "con estrito apego ás normas aplicables".
A adxudicación coñeceuse tras sucesivos atrasos na data para facer público o fallo, que inicialmente estaba previsto para setembro de 2013, aprazouse a novembro e, posteriormente, ao 6 de decembro, para volver cambiar a data e fixala no 30 de decembro. Non obstante, a empresa xustificou un novo atraso, ata o 28 de xaneiro de 2014, pola "imposibilidade" de emitir "en tempo e forma" a resolución.