ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os obradoiros da Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps) veñen de sumarse á xornada "Mar e ferro", que organizan para o vindeiro sábado o Centro de Promoción Social de San Valentín e Son Radiofusión en Fene. Alumnos e alumnas de Aspaneps comezarán a pintar esta semana un mural de 17 metros de longo, cun deseño elaborado especialmente para eles por Xaquín Marín.
“Mar e ferro” pretende denunciar o prolongado proceso de desmantelamento dunha tradición de traballo -a construción e reparación de barcos- que se remonta catrocentos anos atrás. O sábado 15, ás 10,30 da mañá recibiranse aos máis de 30 artistas de toda Galicia que virán a plasmar nos muros de San Valentín a súa visión do mundo do mar e da construción de buques. Ao longo de todo o dia haberá actuacións musicais e ás seis da tarde proxectaráse o documental "Carga de dignidade" sobre a acción de protesta impulsada polo colectivo Radio Buguina.