ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Anik Nandi, natural dun pobo cercano a Calcuta, indica que na India existen 3.372 línguas maternas. Engade que o goberno reduciu a cifra, clasificounas en 120 idiomas. O lingüista bengalí presentou un proxecto sobre idiomas minorizados na Universidade de Santiago de Compostela en 2008. Na actualidade elabora a súa tese de doutoramento sobre o galego, ao tempo que traballa na Universidade de Edimburgo en Escocia.
EnSociolingüistas, profesores universitarios e activistas a prol da lingua debaterán sobre "o presente e as posibilidades de futuro do galego na educación infantil". Será no marco dunha mesa redonda que se celebrará hoxe ás 19.30 horas na sede da Avoaescola, en Narón.Entre os ponentes estará o sociolingüísta bengalí co que falamos en Radio Fene esta mañá e tamén Gabriel Rei-Doval, doutor en Filoloxía Galega e profesor de Lingüística Luso-Hispánica na Universidade de Wisconsin-Milwaukee. Na súa intervención, Rei-Doval, gran impulsor da difusión do galego nos EE.UU., fará unha interpretación da situación actual do galego no ensino en Galicia coas perspectivas sobre a súa aprendizaxe fóra, tanto en España como fóra dela. Compartirá mesa con Bernardo Penabade, profesor de lingua e literatura galega no instituto “O Perdouro” en Burela, impulsor do Proxecto Burela - Neo de normalización e extensión da lingua galega.