ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Pleno de Fene sumouse por unanimidade á proposta do BNG de solicitar o dominio “.gal” e asesorar ás sociedades de Fene a que fagan o mesmo. Segundo palabras de Juventino Trigo son xa 93 entidades as que empezaron e agora ata o mes de novembro ábrese o programa Abrente para que as institucións se sumen a esta marcaque presenta ao noso país ao mundo. Todos os grupos apoiaron a proposta.
No apartado de rogos e preguntas, o grupo socialista, que onte estrenou voceiro, pedíu un reforzo da seguridade na estrada Nacional VI, á altura de Santa Ana onde faleceron dúas mulleres a primeiros de setembro. Pediron reforzar os sinais de limitación a 50. Antón Noceda, ameazou ao remate do pleno con ser máis contundente se o goberno do PP continua polos derroteiros actuais.
O BNG demandou a acta da reunión onde se elexíu o Fenés do Ano e EU insistiu na presencia de ratas na ribeira de Barallobre. Enfadada amosouse a concelleira de EU, Mari Carmen Martínez, pola resposta recibida por parte do edil de servicios.
Pola súa parte a voceira do PP arremetía precisamente contra os grupos da oposición, descalificando as súas preguntas.