Podemos convida a Anova

Podemos convida a Anova

13 de Novembro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O portavoz de Anova, Martiño Noriega, viaxa a Barcelona e Madrid para participar en diferentes actos, con Guanyem e Podemos. O portavoz de Anova viaxa a Barcelona para participar nun curso sobre dereitos sociais e en varios actos con Guanyem Barcelona. O sábado desprazarase a Madrid como convidado á Asemblea Cidadá de Podemos.

Hoxe xoves ás 16:00 horas, Noriega reunirase coa Coordinadora de Guanyem Barcelona. Máis tarde, ás 18:30, participará no IX Curso de Dereitos Sociais: Gobernos locais, dereitos sociais e profundización democrática, organizado polo Observatori DESC, co tema: Transformación política e municipalismo. No curso, polo que xa pasaron académicos como Raimundo Viejo ou Gerardo Pisarello, o voceiro de Anova compartirá a súa experiencia municipal nunha mesa redonda con LLuc Vinyes, alcalde de El Figaró e Arnau Comas, asesor de municipalismo de les CUP. O objetivo do curso é precisamente destacar a importancia dos gobernos locais na defensa e promoción dos dereitos sociais. Así, a través de pranteamentos teóricos e experiencias concretas de Cataluña e América Latina abordanse as posibilidades das que dispoñen os gobiernos locais para afondar na democracia.

Ao día seguinte, venres, Martiño participará nun Foro de Guanyem para, seguidamente, viaxar a Madrid convidado á Asemblea Cidadá "Si se Pode", de Podemos, que se celebra o vindeiro sábado.

Sociedade