ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Máis de 300 representantes de inmigración e emigración de retorno de asociacións de toda Galicia daranse cita na IV Asemblea Xeral Galega de Inmigración e Emigración de Retorno, que se celebrará este domingo en Ourense e na que reclamarán que este colectivo "cada vez máis significativo"
O representante do Foro Galego da Emigración --aglutina máis 80 asociacións e entidades--, Miguel Fernández, sinalou que presentarán unha serie de propostas e reivindicacións para "visibilizar a presenza de este colectivo en Galicia", entre as que citou "o dereito ao voto colectivo", o reagrupamento familiar ou a "igualdade de acceso ao emprego". Por outro lado, criticou a permanencia de "actitudes racistas" contra os cidadáns estranxeiros no ámbito laboral e "a propia persecución policial contra esta xente" que, segundo lamentou, "aínda se produce".
Fernadez criticou que os mandatarios políticos falen de interculturalidade que logo se plasme en feiras gastronómicas", para despois destacar o "importante traballo das asociacións que traballan en Ourense" para mellorar a situación do colectivo estranxeiro "que é aí máis débil que noutras zonas".