Cinco xornadas para o remate da Primeira Autonómica

Programa: 
A Bancada

O Mesón do Bento con 59 puntos lidera a clasificación e semella o dono dunha das duas prazas de ascenso. Séguelle en segunda posición o Mugardos con 53. En terceiro lugar figura O Val con 49, e de cuarto vai o Cambre con 48. Por iso a vindeira xornada o Galicia de Mugardos xoga un encontro crucial diante do Cambre. Unha victoria mugardesa deixaría só a dous equipos con posibilidades de acceder á segunda praza do ascenso. Tamén esta xornada O Val visita ao Lamela en Silleda. Os valexos contan con 4 puntos menos pero tamén deben xogar un partido máis, ao contar cun encontro aprazado. No Val recibirán ao Dumbría e ao Soneira, mentras que visitarán, ademais do Lamela, ao Bertamiráns, Sporting Ciudad e Cee. O Galicia de Mugardos xogará na Pedreira contra Cambre, Meirás e Orillamar. A domicilio enfrontaráse ao Cee e ao Riveira.

 


 

 

 

 

 

http://173.255.131.23/audio/310309CATA.mp3