“Luar” (TVG, 22 h.)

Programa: 
Televisión

“No te rías que es peor”, “Operación Triunfo”, “Mira quien baila”, “Tocata”, “Alalá”, “El Club de la Comedia”, “El Loco de la Colina” ou “Supermodelo” son ou foron programas con gran entidade propia que, reducidos a unha expresión máis pequena, representan agora tan só un contido máis dentro desa caixa dos Xogos Reunidos Gayoso da televisión na que se foi transformando o Luar. Sirva como exemplo o programa deste venres, onde entre o caos controlado de Mucha e Nucha asomará Luís Tosar presentando o disco da súa banda Di Elas, o deseñador Jandro Villa dará a coñecer a súa colección Madia Leva, veremos bailar a Los Vivancos, e celebraranse as semifinais do concurso musical Recantos entre outros moitos eventos, porque no “Luar” cabe todo. Pódese comprobar a partir das dez da noite na Televisión de Galicia.