ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Á maneira doutros realities que causan furor en Estados Unidos e que nos permiten achegarnos á vida en exceso delirante e guionizada na súa xusta medida do heavy Ozzy Osbourne e a súa familia, ou da estrela da loita libre Hulk Hogan e os seus, ou de Paris Hilton e as súas amigas postizas no rural americano, a delegación española da MTV, esa canle antano transgresora, que impulsou o grunge, e que agora programa vídeos de El Canto del Loco e programas de citas, fai a primeira aposta pola intromisión con cámaras no cotián doméstico, alén “Gran Hermano”. Mario Vaquerizo é un home con máis predilección polos tacóns que Carrie Bradshaw, fino como un figurante de “Sexo en Nueva York” e cun estilo feminino alí onde a súa muller é rotunda. Alaska é un mito vivinte da cultura española do tardo-século XX, que o mesmo se tatúa con símbolos arcanos, que exerce de tertuliana de Jiménez Losantos, que compón con Nacho Canut himnos de discoteca que favorecen o consumo de drogas de síntese. Confeso que velos ler o xornal mentres almorzan café con galletas pode ser o máis impactante que acontecese na televisión en España dende as trompadas de “Humor Amarillo”. Verémolo a partir das nove e media da noite na MTV.