Correr en pista

Programa: 
A Bancada

O adestramento celebrouse na mañá do sábado. O club atletismo Fene pretende reutilizar e reabilitar as pistas de Barallobre. Inauguraronse en 1985 e contan cunha corda de 250 metros. As súas dimensións inicialmente non permiten a súa homologación para a celebración de competicións federadas. Pero expertos en atletismo defenden a variación da normativa internacional en canto a esas medidas para posibilitar o uso de máis instalacións deportivas.

Poder adestrar sen interrupcións nen coches, a certeza da distancia percorrida, unha superficie máis blanca que non castiga as articulacións, posibilidades de exercicios para mellorar a técnica de carreira. Son algunhas das ventaxas de adestrar en pista que o Club Atletismo Fene non quere desaproveitar.