ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
José García Míguez tomará posesión do seu cargo como concelleiro no pleno da Corporación de Redondela que se celebra na tarde de hoxe. O Concello reúnese esta tarde ás 20:30 horas nunha sesión ordinaria correspondente ao mes de xuño.
Unha sesión de trámite onde se abordará entre outras cuestión a reestructuración do Proxecto Marisma integrado dentro do Plan Feder. O proxecto inclúe, entre outras cuestións, a rexeneración da desembocadura do Alvedosa e a recuperación da zona da Marisma así como a construcción dun paseo que comunicará a Avenida Mendiño con Punta Socorro na Portela.
Ademais tomará posesión do seu cargo o edil socialista José García Míguez en substitución de Isabel Castro Piedras, que fora concelleira de xuventude e que abandonara o cargo semanas atrás por motivos personais, xa que se traslada a Estado Unidos a desenvolver un proxecto de estudos.