Sesenta nadadoras

Éxito de participación no Club Sincro Ferrol
26 de Setembro, 2018 - 01:27 h. | Publicada por Radio Fene

Sesenta nadadoras inician este ano a tempada no clube Sincro Ferrol. Formase unha nova categoria (base II) ademais das xa establecidas como base III, base IV, infantil, junior e senior (actuais campionas galegas).

Nadadoras do Clube Sincro Ferrol

O sábado pasado realizaron a xornada de probas de acceso, batendo o record de tempadas anteriores, con arredor de 30 aspirantes. Realizouse na piscina do Complexo Deporitvo Javier Gómez Noya en Caranza en Ferrol.
Unha das disciplinas deportivas máis espectaculares e máis completas. Así podemos considerar a natación artística, tamén coñecida como natación sincronizada. Un deporte que consiste en realizar impresionantes exercicios sobre e baixo a auga. En Galicia a súa práctica aínda é minoritaria, pero gaña pouco a pouco adeptos. Combina natación,ximnasia e danza. Realizanse na auga unha serie de movementos elaborados ao ritmo da música. Este deporte demanda grandes habilidades acuáticas e require de resistencia física, flexibilidade, gracia, arte e precisión no uso do tempo, así como un gran control da apnea baixo a auga.

Deportes

Publica o teu comentario agora