ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Da iluminación espiritual de Leonard Cohen dende a súa conversión ao budismo, nada sabemos. Mais a súa iluminación musical coñecémola dende hai décadas. O poeta e músico canadiano pasou uns anos afastado dos escenarios, mais recentemente decidiu retomar a actividade que o converteu nunha das iconas culturais da segunda metade do século pasado. Aos 74 anos de idade, paseará a súa lenda por Galicia. Cohen actuará o d&ia
O autor de “Suzanne” vén de poñer nas tendas o disco e DVD “Live in London” que recolle unha das súas actuacións ao vivo do pasado ano e na que repasa os seus grandes éxitos. Así as cousas, o concerto estival na cidade olívica será unha oportunidade de celebrar a carreira dun dos artistas totémicos da música contemporánea e revivir os versos estremecedores de himnos como “Hallelujah”, “I’m your man”, “Dance me to the end of love” ou “First we take Manhattan”.