Semana crucial para Noa

Semana crucial para Noa
28 de Outubro, 2018 - 07:10 h. | Publicada por Radio Fene

O cadro de persoal de Noa Madera Creativa agarda a presentación esta semana do expediente de regulación de emprego para coñecer as intencións reais dos novos propietarios da firma. A semana pasada a dirección anuncioulle ao comité de empresa a inmediata presentación dun ERE extintivo que afectaría a cen empregados do total de 250 da empresa asentada en Vilar do Colo en Fene. A xerencia de Noa alega causas económicas e produtivas derivadas do recorte de pedidos do seu principal cliente Inditex.

Noa Madera Creativa en Vilar do Colo (Fene)

Os empregados de Noa mantiveron o sábado unha asemblea no local da UXT de Ferrol onde se puxo de manifesto a oposición do plantel aos despidos. O comité de empresa -formado por UXT, UTSG e CIG- prepara medidas de presión para intentar manter o emprego. 

O grupo Malasa -ubicado no polígono industrial de Cerceda- adquiriu hai pouco tempo a empresa Noa, despois de recibir unha inxección de capital dun fondo de investimentos. Malasa adícase á madeira, metal, pintura e decoración. O grupo GPF entrou en febreiro cunha participación non maioritaria na firma de Cerceda. Os seus propietarios, os irmáns Antonio e Javier Pérez Patiño explicaron daquela no diario Expansión que a operación quería "reforzar o medre do grupo a longo prazo mediante a apertura de novos mercados e novas liñas de negocio". 

Sociedade

Publica o teu comentario agora