Des-amparo

Inaugúrase na Casa da Cultura de Fene a última mostra de Laura Bouza que aborda o Alzeimer.
08 de Xaneiro, 2019 - 02:13 h. | Publicada por Radio Fene

Tocada de perto por esta doenza, Laura Bouza amosa toda a sensibilidade da que é capaz neste traballo no que investigou con novos materiais orgánicos como o esparto, a escaiola ou o liño.

ESCOITA O PODCAST:
Laura Bouza diante do seu laboratorio de creación artística

Na casa da Cultura de Fene pode verse xa o último traballo da artista fenesa, Laura Bouza. “Des- amparo” é o nome da mostra na que a artista e fundadora do laboratorio de Arte Laudas Calamity, nos amosa a súa faceta máis emotiva así como as súas dotes para o retrato. O venres 11 de xaneiro asistiremos á inauguración oficial de “Des-amparo” no museo do humor de Fene, onde a exposición permanecerá ata o dia 30 deste mes, organizada polas concellerías de Cultura e Benestar Social. A mostra xira arredor da enfermidade do Alzeimer, un motivo que tocou de perto á artista fenesa. “Des- amparo” fala do outro, do descoñecido, das persoas maiores que van máis lentas...e da falla de sensibilidade con elas. A mostra fala tamén da ruptura coa realidade que provoca esta doenza.

Tamén veremos novidades estéticas porque Laura Bouza levaba tempo investigando con novos materiais orgánicos como o liño, o esparto ou a escaiola, para esta exposición que poderemos ver durante todo o mes de xaneiro na Casa da Cultura de Fene.

Cultura

Publica o teu comentario agora