Sanjurjo e Martín en individuais e Pena e Nogueira en dobres fanse co Galego de Tenis Cadete disputado en Vilalba

Sanjurjo e Martín en individuais e Pena e Nogueira en dobres fanse co Galego de Tenis Cadete disputado en Vilalba

06 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

Adam Sanjurjo, Rocío Martín e a parella formada por Pena e Nogueira, coroáronse, este fin de semana nas instalacións do Club de Tenis Vilalbés, como os mellores tenistas galegos cadetes. Foron 65 os rapaces que acudiron á capital chairega, desde o 29 de xuño ao 4 de xullo, para desputarse o trofeo que os acreditase como as mellores raquetas do panorama galego.

A categoría masculina non tivo demasiada historia. Adam Sanjurjo manifestou o seu absoluto dominio sobre as pistas vilalbesas. O tenista non cedeu un set e tan só o finalista, Carlos Tajes, o puido poñer nalgunha dificultade. Sobre todo no primeiro set, onde foi capaz de gañar cinco xogos para rematar perdendo por 7-5. No segundo non houbo espazo para a sorpresa e rematou cun claro 6-3. Pero onde se puido comprobar a carencia de rivais e a superioridade de Sanjurjo foi nas semifinais, xa que se desfixo de Iñaki Pena por un clarísimo 6-0 e 6-2.

 

 

Non houbo moita mais disputa en féminas. Rocío Martín deixou as cousas ben claras desde o comezo. No seu primeiro partido, en cuartos de final, endosoulle dous “roscos” (6-0 e 6-0) a Silvia Piñeiro. Tampouco tivo consideración de Tamara Álvarez en semis, e a derrotou con facilidade por un dobre 6-2. Na quenda final enfrontouse a Andrea Retolaza, que viña de derrotar a Eva Villar por 6-3 e 6-3. Despois dun primeiro set apretado, resolto cun break ao seu favor, por 6-4; volveu o martelo de Martín no segundo e non deu ningunha opción a Retolaza, que caeu cun 6 a 0.

 

Na categoría de dobres o triunfo foi para Pena e Nogueira, que non tiveron problemas para gañar a Sabrojo e Cuenca (6-0 e 6-3) e confirmar o seu favoritismo, sobre todo despois de firmar un 6-0 e 6-1 e un 6-2 e 6-0 nos cuartos e nas semifinais respectivamente.

Cultura