O ascenso é prioritario

A copa empeza o 19 de maio. A ida do ascenso o dia 26 do mesmo mes, con volta o 2 de xuño.
06 de Maio, 2019 - 10:50 h. | Publicada por Radio Fene

O ascenso á Primeira Galicia de fútbol é prioritario para o Perlío que non logrou finalmente o ascenso directo a pesar de gañar ao Mugardos B na última xornada.

ESCOITA O PODCAST:

Perlio 3 – Mugardos B 0. O Perlío fixo os deberes pero o Valdoviño tamén, así que este último ascende directamente de categoría mentres que o Perlío ten que xogar a fase de ascenso cun equipo da liga coruñesa, ou ben o Avellá ou o Bizoño que aínda estan xogando. O Perlío xogase o ascenso a dous partidos, o de ida será o 26 de maio e o de volta oi 2 de xuño. Foi unha mágoa que despois de gañar 16 encontros, empatar 2 e perder 2 se estragase o acceso directo. Chechu Piñeiro calificou cun 10 a temporada que fixeron. Ao final perderon o acceso diretco na penúltima xornada. 50 puntos para Perlío e 51 para o Valdoviño.

E no medio desta ansiedade, o 19 de maio comenza a disputarse a Copa. O xuventude de Cabanas acude aos Pinares. Pero esta competición, da que gosta moito Chechu Piñeiro, nesta ocasión será secundaria para o Perlío. Non sabe como o xestionarán, como compaxinarán as dúas cousas pero para o Perlío a prioridade é o ascenso.

Deportes

Publica o teu comentario agora