Aínda che dan que facer

Aínda che dan que facer
02 de Xuño, 2019 - 09:29 h. | Publicada por Radio Fene

"Ainda che dan que facer" dicia esta mañá un home maior que non se quixo perder a rapa das bestas na serra da Capelada en Cedeira. Tivo que acudir cun concentrador de osíxeno portatil pero subeu ao monte para admirar ás dúas ducias de cabaleiros que foron baixando as bestas para o lugar no que se lles cortou as crinas e se lles desparasitou. O bó tempo favoreceu a asistencia das xentes do mundo do cabalo. Pola mañá a rapa e pola tarde diferentes probas de destreza. 

Rapa das bestas. Serra da Capelada. 2 de xuño de 2019

Cabalos e bestas da serra da Capelada conservan a memoria das peregrinaxes a Santo André de Teixido. , Unha mañá de ouro vello, preñada de luz, agardabanos no curro da serra da Capelada. Teixido sempre tivo algo de fascinante misterio, feminino e turbador. Ofreceuse o espectáculo dos aloitadores, a loita do home co cabalo. É certo que na rapa das bestas hai tensión e loita. Non é unha brincadeira, non é un simulacro, non é unha trangallada. Hai loita sí. Máis non hai humillación, non hai abuso, non hai saña. Non hai morte. En realidade é unha loita contra a morte. A celebración do rexurdir da natureza, unha vez pasada a proba dos desafíos, segundo asegura o escritor Manuel Rivas. Contan á par os seres humanos e os seres máis portentosos do monte, os fillos do vento.

Sociedade

Publica o teu comentario agora