Con enerxía e compromiso

O Maniños e O Pote afrontan unha nova tempada chea de retos
19 de Agosto, 2019 - 12:46 h. | Publicada por Radio Fene

Hai xa calendario para a segunda Galicia de fútbol. A liga comeza o domingo 15 de setembro con catro equipos de Fene. O Perlío xogará co Numancia de Ares, o Maniños visitará ao Capela e o Barallobre enfrontaráse ao Pote.

ESCOITA O PODCAST:

Repasamos a actualidade do Cultural Maniños co seu secretario, Alfredo Fernández, quen nos falou do obxectivo da tempada: competir, estar enriba da taboa e non cegarse con pensar que como son un clube descendido teñen algún tipo de dereito por encima dos outros equipos a ascender aínda que sexa o obxetivo último.

Tamén se falou da situación do Pote. Anteriormente o Maniños B, agora é un clube independiente pero irmán do Cultural. Na tempada pasada quedaron moi satisfeitos co seu papel, foron de menos a máis e contaron con entre sete e oito xuvenís en cada partido, que agora xa modestos, teñen experiencia na categoría. A pesar de que xa non pode servir para reforzar ao Maniños, a meta do equipo seguerá sendo a de ser un clube de formación.

En canto aos fichaxes para esta tempada, o Maniños conta con tres novos xogadores. Pitu, procedente da SD O Val, un xuvenil que sobe de categoría, Borja Vizoso, e Aitor, anteriormente sen ficha. En total vinte xogadores estarán ás ordes de Pablo. Mais co descenso veñen as baixas. Hugo Leirachá marchou para o Cedeira, Oli volveu ao Capela e Kevin e Manu regresaron ao Eume.

O descenso foi un golpe duro para o clube, que pelexou ata o final a pasada campaña. Sen embargo, tamén lle ven cousas positivas como a enerxía do equipo técnico por recuperar a categoría ou o compromiso dos xogadores que quedaron decidindo apostar polo Maniños.

Ambos clubes comezan a liga o 15 de setembro pero antes, o un xogan a copa. O Maniños enfrontarase ao Cariño e o Pote xogará co Numancia de Ares. Ademáis diso organízase o venres 30 de agosto unha xornada de confratenidade. No campo de fútbol, haberá unha churrascada acompañada pola música dos Alcántara para comezar a tempada e para conseguir unha pequena axuda económica para o clube.

Deportes

Publica o teu comentario agora