ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Perlío feminino ía perdendo 2-1 no campo da piscina cando Ana lanzou de corner directo e chantou un gol calificado de "olímpico" polo técnico do equipo fenés.
San Sadurniño 2- Perlío 2. Un empate que sabe mellor cando é froito da reacción dun equipo a un resultado moi adverso. Iso debe sentir o plantel do Perlío feminino de futbol 7 tras o seu paso polo campo da piscina. O Perlío recibiu un gol moi tempraneiro e iso sempre cae moi mal. Chegaron minutos posteriores de desorde, imprecisións...Chega o segundo tanto do San Sadurniño e hai que remar en contra dun 2-0.
Así o conta o técnico do Perlío feminino, Juanjo Lorenzo, quen logrou tranquilizar ao equipo, de maneira que antes do descanso chegou o 2-1 que mete Ana. Despois de resetear no descanso, saíron a por todas, dominando entón o encontro. E chegou o gol “olímpico” de Ana para o empate. Así o define o técnico, Juanjo Lorenzo. A mágoa foi que o tiro de Antía, que podia darlles a victoria e os tres puntos, estrelouse no largueiro.
A próxima xornada o Perlío ten un reto difícil co Discalzas, un equipo dificil de marcarlle, segundo a opinión do técnico do Perlío. Ademais, o equipo dos Pinares xogará cunha baixa moi significativa, a de Yeni que xogou lesionada o encontro anterior e ten para dez dias de baixa. Almudena a sustituirá na portería.
(Na imaxe, o Perlío ao remate da pasada temporada nos Pinares)
Publica o teu comentario agora