A marquesina trending topic

Juventino Trigo foi o convidado esta mañá no espazo As Foxas.
19 de Novembro, 2019 - 12:02 h. | Publicada por Radio Fene

O BNG dí que en Fene é moi difícil acceder a edificios públicos cunha cadeira de rodas. Mesmo as beirarrúas hai que rebaixalas, afirma Juventino Trigo.

ESCOITA O PODCAST:

Afirma o portavoz municipal do BNG de Fene que o goberno local do PP é “un caos absoluto, un derroche de cartos” Esas afirmacións fixo Juvrentino Trigo esta mañá no espazo As Foxas onde repasamos os temas máis acuciantes da localidade. Para el o caos é todo o que ten que ver coa facenda municipal e coa súa responsable. Pola contra, do que se amosou encantado Trigo foi de que por fín hai novas do derribo da nave de Fondomar xa que hai mesa de contratación e 16 ofertas presentadas. O voceiro do BNG sumaría a ese proxecto, o derribo da vella depuradora de Maniños.

Sobre a repercusión nas redes sociais do asunto da marquesina de Perlío que o bloque leva tempo reclamando, e as gradas de Centieiras, Juventino Trigo, amósase intransixente co primeiro e razonable co segundo. Afirma que as gradas non podían cubrirse pero critica as obras do acceso a elas e que o concello "venda toda esa obra como nova".

En relación á súa proposta de elaborar un Plan de Accesibilidade para Fene, Trigo afirma que é moi necesario porque neste momento aínda hai moitos edificios públicos aos que non se pode acceder en cadeira de rodas e o mesmo pasa coas beirarrúas.

De todo isto e máis falamos hoxe nas Foxas con Juventino Trigo, quen se amosaba contento da subida do 20% dos votos recibidos pola formación nacionalista en Fene e porque o único congresista do BNG elexido o pasado 10N fixo que se falara máis de Galicia nos medios nuns dias que nos últimos catro anos.

Institucional

Publica o teu comentario agora