Zona de xogos ao pé da Casa do Concello

Zona de xogos ao pé da Casa do Concello
05 de Xaneiro, 2020 - 10:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova zona de xogos abreuse á rapazada ao pé da praza Alcalde Ramón Souto. Está emprazada en pleno centro de Fene, nas inmediacións da casa consistorial. A zona ocupa uns 228 metros cadrados, dos que 162 están adicados exclusivamente ao xogo infantil e os restantes, a zona verde.

Parque ao pé da Casa do Concello de Fene

O parque está delimitado por un peche perimetral de madeira, conta con chan de caucho e dous xogos multifunción e un balancín. Os primeiros constan de dúas torres con tellado e unha ponte de unión, así como unha terceira torre, taboleiros para trepar, corda, ponte oscilante e un tobogán. A intervención completouse coa instalación dun panel informativo. A obra requeriu dun investimento de 39.000 euros (máis IVE), financiado con cargo ao superavit municipal, segundo informou o alcalde Gumersindo Galego.

 

Institucional

Publica o teu comentario agora