Gumersindo Galego encabeza a única candidatura que se presenta ao Congreso do PP de Fene

Gumersindo Galego encabeza a única candidatura que se presenta ao Congreso do PP de Fene

29 de Xullo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Casa da Cultura de Fene acollerá o vindeiro venres o Congreso Extraordinario do Partido Popular de Fene. No encontro, previsto para as oito do serán, escollerase ao novo Comité Executivo Local.

O actual presidente da xestora do PP de Fene ademais de voceiro do grupo municipal, Gumersindo Galego, encabeza a única candidatura que se presenta ao Congreso Extraordinario do Partido Popular.

Sociedade