Un prato contundente

Un prato contundente
18 de Marzo, 2020 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

A Cociña Económica de Ferrol adoptou os protocolos para a crise sen que por iso se viran mermadas as prestacións ás 160 persoas que diariamente comen alí. Profesionalizacion do servizo, turnos de comidas, prato único contundente e levar a comida a Cáritas e o Refuxio, son algunhas das medidas adoptadas.

ESCOITA O PODCAST:

“Cuentan del sabio que un día tan pobre y mísero estaba que solo se consolaba con las hierbas que comía…” En tempos como este que vivimos compre lembrar este fragmento de La vida es sueño de Calderón de la Barca para comprender que sempre hai alguén que o ten peor que nos. Por iso nos achegamos hoxe á Cociña Económica de Ferrol da man do seu presidente, Antonio Tostado, para ver como xestionan alí a crise do Covid 19.

160 persoas poden comer en plena crise do coronavirus grazas a entidades como esta vella institución nacida en 1891. Por suposto que tiveron que adaptarse de xeito progresivo á nova situación, declara Tostado. O xoves pasado, antes da declaración da Alerta, adoptaron medidas de hixiene e limpeza das instacicións, medidas de seguridade como a retirada do voluntariado e a ampliación do plantel cun servizo profesional. Desde o venres ao luns chegaronlles os protocolos da Xunta de Galicia.

Entre as novas medidas adoptadas na Cocina Económica estáse a de limitar o aforo que pasou primeiro de 72 comensais a un tempo, a 24. Neste momento sentan á mesa 18 persoas en cada turno, unha soa en cada mesa. Outra medida foi coordinarse con Cáritas e co Refuxio de onde procedían boa parte dos beneficiarios aos que agora se lles leva a comida alí para evitar desprazamentos e sacar á xente da rúa. Desde o luns abriron os centros de día de Cáritas que nun primeiro momento se pecharan.

Outra realidade é a do aumento de familias inmigrantes procedentes a maioría de países  latinoamericanos. Son unas 20 familias con 25 menores que antes comían nos comedores escolares e agora víronse abocados a acudir á Cociña Económica. A solución foi coordinar cos Servizos Sociais municipais uns vales de compra para que adquiran o necesario nos supermercados e xanten na casa os que teñen domicilio. “Todo foi un pouco improvisado,afirma Antonio Tostado, porque si te reducen o aforo do comedor a un tercio, que fas?"

Na sala de espera onde collen vinte persoas agora so poden agardar seis e o resto non pode estar na rúa. “Era todo un dilema” conclúe o presidente da entidade. Tostado engade que, mentres dure esta situación, servirán só un prato, contundente, pero un único prato para axilizar o traballo, porque hai que facer cinco rotacións en comedor e non poden permitirse presas. "Non podemos cometer fallos" insiste. A saúde de todos está en xogo.

Sociedade

Publica o teu comentario agora