Permui: as fases da desescalada son un caos

Permui: as fases da desescalada son un caos
30 de Abril, 2020 - 10:37 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene mercou unha máquina de ozono para desinfectar todas as instalacións municipais. Ponna a disposición das entidades sociais para que fagan o propio nas súas instalacións antes de abrilas de novo ao público.

ESCOITA O PODCAST:

O concello de Fene cualifica de “caos” a explicación que deu o goberno sobre as distintas fases da des-escalada e censura á Xunta de Galicia por non manter ningún tipo de contacto cos concellos. “Non sabemos que concellos están libres da Covid19” afirma a portavoz do BNG no goberno local. Mentres, Sandra Permui anima á veciñanza a que siga facéndoo tan ben como ata agora. As saídas dos nenos e nenas en Fene respectou as normas e agarda que o sábado se respecten da mesma maneira, cando saia a xente a facer deporte dun xeito individual. Neste sentido, o concello mantén parques e pistas polideportivas pechadas aínda, porque se deben gardar as distancias de seguridade e evitar aglomeracións.

Entre as últimas medidas adoptadas polo concello está a compra dunha máquina de ozono, recomendada pola O.M.S. para desinfectar todas as instalación municipais, desde as dependencias administrativas, os pavillóns polideportivos e Museo do Humor, ata todos os vehículos da policía local, protección civil e os destinados a obras e servizos. O concello pon a disposición das entidades sociais esta máquina de ozono para que fagan o propio nas súas instalacións antes de reabrir as súas portas. A mesma oferta fai aos taxistas da localidade.Conclúe Sandra Permui que sabemos as datas cando empezan cada unha das fases da des-escalada pero non sabemos como vai ser. “Hai que agardar que xa queda pouco”, declarou a responsable de Seguridade e Persoal do concello de Fene.

Sociedade

Publica o teu comentario agora