Jackets para Francia

Jackets para Francia
15 de Xuño, 2020 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

O encargo máis importante realizado por Iberdrola a Navantia asinarase o xoves dia 18 de xuño en navantia Fene. Contará coa presencia do presidente da Xunta, Núñez Feijoo.

Navantia Fene acollerá o vindeiro xoves, 18 de xuño a firma de contrato entre a empresa eléctrica Iberdrola e a UTE (Unión Temporal de Empresas) formada por Navantia e Windar, para a construción de 62 jackets destinadas ao parque eólico mariño Sanint Brieuc, que se construirá en augas da costa oeste de Francia. Neste acto teñen confirmada a súa presenza o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, o presidente de Iberdrola, Ignacio Galán, a presidenta de Navantia, Susana de Sarriá, ademais do presidente de Windar, Orlando Alonso. O acto está previsto que comece ás 12.00h.

Este contrato contempla que unha parte das estruturas realizarase en Brest (Francia), como son os nós inferiores e a estrutura de celosía para 34 jackets, mentres que en Avilés (Asturias) realizaranse as pilas que fixarán as estruturas ao fondo do mar. Posteriormente, todo iso será ensamblando en Fene. Este parque eólico contará cunha extensión de 78 Km2 e unha capacidade de xeración eléctrica de até 496 MW, converténdose no encargo máis importante realizado por Iberdrola á UTE que forman Navantia e Windar.

 

(Na imaxe, visita de Núñez Feijoo a Navantia Fene. Marzo de 2018).

Sociedade

Publica o teu comentario agora