O interior dos bares permanecerá pechado

O interior dos bares permanecerá pechado
13 de Xaneiro, 2021 - 12:31 h. | Publicada por Radio Fene

Ferrol, Narón, Fene, Cabanas, Pontedeume e Ortigueira están no máximo nivel de alerta sanitaria. O interior dos restaurantes e bares permanecerá pechado. Só poderán abrir terrazas ata as seis da tarde. Poderán preparar comida a domicilio sen límite horario. Os establecementos de xogo quedan pechados. Os centros comerciais con limitación de aforo ao 30%.

O presidente da Xunta de Galicia Alberto Núñez Feijoo na reunión co comité clínico

Os Concellos quedan en confinamento perimetral, polo que non se poderá saír do término municipal salvo razóns de causa xustificada. O toque de recoller adiantase ás dez da noite. As reunións pasan a ser dun máximo de catro persoas. A Xunta aconsella recuperar o teletraballo sempre que se poida. As medidas entrarán en vigor na noite do xoves ao venres e permanecerán vixentes ata mediados de febreiro.

A onda de coronavirus chega a niveis nunca vistos. Segundo os datos actualizados polo SERGAS esta mañá, Fene conta con 72 persoas contaxiadas. O número de persoas con COVID 19 chega as 219 en Ferrol, 113 en Narón e 28 en Cabanas. A presión hospitalaria tamén medra. No Marcide ingresaron a 62 persoas en planta e 5 en críticos.

Institucional

Publica o teu comentario agora