O naufraxio da lancha Jacinta

O naufraxio da lancha Jacinta
16 de Novembro, 2021 - 12:19 h. | Publicada por Radio Fene

Contos en Maniños, Sillobre e Magalofes. Paula Carballeira trae contos do naufraxio da lancha Jacinta de Maniños, da fonte dos Mouros de Sillobre e dos bailes e do cine de Magalofes. O espectáculo chámase Facendo memoria e tamén inclúe a posibilidade de participación da cidadanía. Mañá mércores ás sete da tarde no Pote de Maniños. O xoves ás cinco da tarde en Agarimo de Sillobre e as sete na Asociación Veciñal de Magalofes. 

ESCOITA O PODCAST:
Paula Carballeira naceu en Fene en 1972

Facendo memoria, intenta recuperar e conservar a rica tradición oral de Galicia. Trátase dunha iniciativa financiada polo Xacobeo e que inclúe representacións en Viveiro, O Barco, Fene e A Estrada.

Cultura

Publica o teu comentario agora