ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os mellores bailaríns do mundo virán a Fene esta fin de semana. Participarán no Dance Sport Club, un evento organizado nun tempo record. Normalmente empregan seis meses para a preparación, pero nesta ocasión a pandemia do covid obrigou a ter todo a punto unicamente nun mes. O evento vai poñer a Fene no mapa. As persoas afeccionadas ao baile non se quererán perder esa ocasión xa que non vai haber máis oportunidades de asistir en directo a un evento desas características. Hai máis de cincocentas inscricións de bailaríns deportivos de todo o mundo. Terán oportunidade de coñecer Galicia e Fene, segundo explicou esta mañá Valeri Ivanov, da xunta directiva de Dance Sport Team.
Rara vez se veu en España un evento destas características. Ivanov agradeceu a implicación do concello na organización do evento. En Fene vaise decidir os bailaríns que representarán a Europa nos xogos mundiais que se celebrarán en Atlanta en Estados Unidos no mes de xullo. Máis de mil persoas virán a Fene o sábado e o domingo, enchendo os hospedaxes e restaurantes de toda a comarca. O evento vai converter o pavillón da Xunqueira de San Valentín nun gran salón de baile, segundo o alcalde Juventino Trigo. As entradas custan 10 euros por persoa e dia. A Dance Sport Club acollerá competicións para a clasificación nacional europea e mundial. Servirá de peneira para os World Games Latin 2022 a celebrar este ano nos Estados Unidos. Virán ao pavillón da Xunqueira as máis destacadas parellas de practicantes de baile deportivo. O evento será retransmitido ao vivo por varias plataformas de streaming. O Dance Sport Team, o CBD Narón, a asociación Fene Movemento, o Concello de Fene e a Federación Española de Baile Deportivo organizan o evento. Dance Sport Club, sábado e domingo no pavillón de San Valentín en Fene.
Publica o teu comentario agora