Prazas de xornalista

Prazas de xornalista
21 de Abril, 2022 - 11:15 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene publicou o luns no Boletín Oficial da Provincia as bases de selección para a creación dunha lista de aspirantes a prazas de redacción de Radio Fene mediante o sistema de concurso libre. Poden presentarse licenciados ou graduados en Xornalismo ou Comunicación Audiovisual. Deberán acreditar unha experiencia mínima como xornalista de un ano como contratación laboral ou autónomo. O prazo de presentación de instancias rematará en sete dias naturais contados desde o pasado  martes.

Fotografía Xan Xe

Bases completas publicadas no Boletín Oficial da Provincia:

https://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2022/04/18/2022_0000001974.pdf

 

Institucional

Publica o teu comentario agora