ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Deportivo volve a xogar fóra da casa esta fin de semana. O equipo de Óscar Cano visita ao Talavera o domingo ás 12,00 horas. A vitoria é “unha obriga” para o técnico branquiazul.
Antes de partir cara a Toledo, o adestrador do Deportivo referiuse aos malos resultados do conxunto herculino lonxe de Riazor. “Hai moita diferencia entre o que ocorre na casa o que sucede fóra. Non vexo frustración pero si unha obriga que debemos impoñernos porque se a liga segue así, non nos vai dar para chegar ao obxectivo”, manifestou Cano en rolda de prensa. Logo de empatar sen goles a pasada semana no campo da UD Sanse, o equipo coruñés chega á xornada 24 en Primeira RFEF con 43 puntos, a catro do Alcorcón, actual líder da clasificación. Dende Radiofusión animamos ao Dépor a conseguir ese ansiado triunfo en Talavera co noso Canto Deportivo. Podes escoitalo aquí ou na na canle de Youtube Radiofusión Emisoras.
Na imaxe, Alberto Quiles disparando durante un adestramento.
Fotografía: RC Deportivo.
Publica o teu comentario agora