ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Os animais son a miña vida”, di Amparo Blanco Miramontes, voluntaria que coida cans e gatos abandonados e colabora con protectoras. Actúa “onde faga falta, maioritariamente na zona de Ferrolterra”, sinalou a convidada na sección Radio Animal de Radio Fene.
“Gustaríame moito que a xente adoptara ou acollera animais maiores ou enfermos. Velos volverse como cachorriños na túa casa é unha experiencia marabillosa”, declara esta muller namorada dos animais. “Rescatar animais que estean en apuros, facer de casa de acollida cando podo e fai falta, curar as súas feridas, levalos ao veterinario….un sinfín de cousas con cans e gatos, algún tamén”. Está dedicada a este labor desde “fai sete ou oito anos, cando adoptei o meu primeiro can”. “Son a miña vida, se o día ten 24 horas eu dedico 20”. Amparo aproveita a súa creatividade para sufragar os gastos que conleva a súa dedicación aos animais e a colaboración con protectoras. Pinta sobre pedras e outros materiais retratos de animais. Admite encargas, basta con mandarlle unha foto do animal ao teléfono 687 090 889.
Publica o teu comentario agora