ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Novo Goberno local de Fene. O alcalde, Juventino Trigo, nomeou como tenentes de alcalde a Sandra Permuy (1ª), Manuel Polo (2º), María Carmen Martínez (3ª), Justo Martínez Ardá (4º) e Ángeles Coira (5ª). Os cinco, xunto co rexedor, formarán a Xunta de Goberno Local.
O novo Goberno de Fene, presidido polo alcalde, Juventino Trigo, organizarase nas seguintes áreas: Desenvolvemento Territorial e do Medio, que levará Manuel Polo. Dinamización do emprego, Seguridade e Participación veciñal a cargo de Sandra Permuy. Dinamización Económica con Ángeles Coira a fronte e Dinamización Social, que o alcalde delegou en Justo Martínez Ardá. A organización do goberno municipal complétase coa creación de distintas subáreas nas que delega competencias o rexedor. Manuel Polo será responsábel das subáreas de Urbanismo e Vivenda e Obras. Justo Martínez Ardá das de Cultura e de Medio Ambiente. Sandra Permuy de Servizos, Persoal, Seguridade e Participación Veciñal, así como de Benestar Social. Cristina Garcia Moroño de Formación e Emprego e do servizo de Radio Municipal. Ángeles Coira de Facenda e Patrimonio e Promoción Económica. Das subáreas de Xuventude e Deportes farase cargo Adán Chao e de Igualdade e Ensino Mari Carmen Martinez.
Publica o teu comentario agora