ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A nova temporada do Cultural Maniños ven chea de cambios nos seus equipos referentes, cambio de adestrador para o primeiro equipo, novas incorporacións para o Cultural Maniños B e un merecidísimo ascenso á Segunda División Galega do equipo feminino do Maniños.
O primeiro equipo iniciará esta temporada cun importantísimo cambio no banco, Pablo Mesa, quen foi adestrador da primeira plantilla dende a tempada 2017-2018, cederalle a dirección a Adrián Martínez, que “colga as botas” para adicarse a adestrar en exclusiva.
O cadro seguirá a contar coa meirande parte dos compoñentes actuais pero reforzará os postos de lateral e lateral esquerdo coa incorporación de Adrián, que ven do Valdoviño e Aitor Díaz como lateral esquerdo que militaba no Meirás. Unha nova fichaxe é tamén a de Hugo, o irmán do porteiro Mateo que ven tamén a reforzar o equipo. Ademais, reincorpórase, despois de xogar en As Pontes en Preferente, Javi Martínez que xa formou parte do Maniños en tempadas anteriores.
No capítulo das despedidas, o Cultural Maniños di adeus a tódolos membros da familia Amigo, Juanito “colga as botas” poñendo fin a unha exitosa carreira deportiva na que pasou polo Deportivo da Coruña, o Compostela o Betis ou o Racing de Ferrol. Os seus fillos, que compartiron vestiario neste paso polo Maniños, tamén deixan o club. Ipi incorpórase ás filas do Miño e Óscar Amigo, ven de fichar polo Eume ao igual que Iago Seijo que tamén deixa o equipo de Maniños.
As catorce baixas que se teñen producido no Cultural Maniños B, a meirande parte delas porque remataron o seu paso pola categoría sub-23, fai necesario darlle unha volta total ao equipo. O club aposta pola incorporación ao equipo, dirixido por Michel Rodríguez, de xogadores do xuvenil, imprimindo ao equipo unha importante carga de frescura.
Outro dos retos importantes desta tempada para o Cultural Maniños é o ascenso a Segunda División Galega do equipo feminino. O club conta con que este será un esforzo importante para as rapazas de Maniños porque na categoría a calidade dos equipos é moi alta pero tamén para a entidade, xa que, aínda que os grupos aínda están pendentes de configurar, xa saben que os desprazamentos van a supor un importante incremento no orzamento.
Fotografía: Xan Xe
Publica o teu comentario agora