ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Unha reivindicación que se remonta hai dúas décadas. A necesidade dun servizo regular de autobuses para o lugar do Puntal no Concello de Neda é unha demanda que ven de lonxe. Os residentes, na súa meirande parte xente maior, recurren á axuda doutros veciños con coche para acudir a algo tan básico como unha cita médica.
Ir ó médico, á compra ou mesmo á misa non resulta sinxelo para a veciñanza do Puntal. Non contan cun servizo de transporte regular e atópanse aillados. Mañán xoves levarán a cabo a segunda das protestas en menos dunha semana para reclamar que a liña de autobuses entre Ferrol e Neda chegue a esa zona. Este servizo queda no camiño do Regueiro a un quilómetro e medio do Puntal.
A creación dunha liña metropolitana sería unha solución, que os afectados non ven moi viable. Segundo os veciños do Puntal, Rubén Ríos e Manuel Díaz, unha saída sería a de ampliar as listas e os horarios do percorrido do transporte arrivo, que somentes pasan polo Puntal cada dúas horas Tamén reclaman que a liña de tranvia entre Ferrol e Neda chegue a esta zona. Os do Puntal aúnanse neste obxectivo a prol dun servizo de autobuses eficaz e continuarán coas protestas e medidas de presión para acadar o seu fin.