The Flesthones, festa, suor e r’n’r

The Flesthones, festa, suor e r’n’r

10 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

The Fleshtones están de volta na cidade, 30 anos ao pé do canón e igual de enérxicos, vitamínicos e efectivos ca primeira vez que subiron ao palco. The Fleshtones tocarán o vindeiro xoves na Sala Run Rum (Rúa Real, 223 de Ferrol). O concerto principiará ás dez da noite e a entrada ascende a 15 euros.

Nacidos en Queens e críados musicalmente no mítico KGB neoiorquino, a historia dos Fleshtones pódese resumir en tres palabras: festa, suor e r’n’r. O seu sinal de identidade máis importante é o seu espectacular directo, unha comunión artellada por Peter Zaremba e Keith Streng, que soe rematar de maneira impredecible. Unha actuación dos neoiorquinos sabemos como empeza, pero nunca como vai rematar. Sen dúbida, son a banda máis explosiva do mundo sobre o palco, cun repertorio carregado de clásicos impagabeis e agora presentando novo disco: “Take a Good Look”, gravado en Detroit nos estudos de Jim Diamond. The Fleshtones tocará o xoves na Sala Run Rum de Ferrol.

Sociedade